viernes, 4 de marzo de 2011

Novedades en libros de importación


   
FLCL Design Works: art and text Fuliculism
Idioma: xaponés
Prezo: 40€

Un asombroso artbook da serie de animación de culto FLCL (Fuli Culi) do prestixioso Estudio Gainax. Neste libro de ilustracións non só se atopan algunas das grandes imaxes deste anime xaponés, tamén  fotografías e textos nos que se explica detalles curiosos dun anime que xa forma parte da elite do anime.












Vocaloid: art & comic
Idioma: xaponés
Prezo:35€

Vocaloid e Miku debuxados por diferentes artistas mangakas e animadores xaponeses. Un impresionante documento gráfico para entender o fenómeno mundial que é Vocaloid e os seus personaxes. Imprescindible para os  seus fans.










Code Geass: Illustrations Rebels
Idioma: xaponés
Prezo:35€

Artbook da famosa serie Code Geass. Nel pódense ver moitas imaxes deste anime que tanto éxito leva cosechado durante dous anos polo diferente dao seu argumento e o debuxo tan caraterístico que levan a cabo as debuxante do grupo CLAMP. No seu interior tamén se poden ver bocetos orixinais a toda cor.











Takashi Murakami: Summon monters?
Idioma: ingles e xaponés
Prezo: 55€

Catálogo do famoso artista pop xaponés, Takashi Murakami. Este libro dividido no seu interior en varias partes ou sección, fai un percorrido exhaustivo, da traxectoria profesional do ecléptico artista nipón. Bocetos, debuxos en arte final, fotografías das súas obras escultóricas e das exposións que realizou nos máis prestixiosos museos de arte conteporáneo do mundo. Entrevistas ao autor e sobre todo explicacións dos procesos creativos.



miércoles, 2 de marzo de 2011

A recomendación do día



Religión y espiritualidad en la sociedad japonesa contemporánea
Autor: Federico Lanzaco Salafranca
Editado por:  Universidade de Zaragona e Fundación Torralba-Fortún
Prezo:16€

Este libro cuestiónase a suposta “arrelixiosidade” do xaponés de hoxe  nunha sociedade hipertecnificada e hiperrealista. A partir dunha panorámica das diversas prácticas relixiosas existentes en Xapón, analiza as causas polas que a sociedade xaponesa de hoxe manifesta unha actitude crítica ante elas. Nembargantes, os principios da auténtica e viva espiritualidade nipona que funde as súas raíces  en tradicións e particular indisincracia, seguen sendo fundamentais na vida da mayor parte do pobo xaponés.
Federico Lanzaco é sen dúbida un dos japonólogos máis importantes de España. Os seus traballos céntranse en tres áreas específicas: as relación entre a lingua, a escritura e a cultura xaponesa; o management tradicional da empresa nipona e os cambios que experimentaron nas últimas décadas e os estudo das bases culturais de Xapón: pensamento, relixión e estética.


martes, 1 de marzo de 2011

La vieja Lulula


 La vieja Lulula
Autoras: Mar Pavón e Alessandra Cimatoribus
Editorial: OQO
 Prezo:12,90€


A vella Lulula decide facer a súa colada diaria e poner a secar a súa roupa no patio, a pesar do augurio de treboada. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden do cereixo, o patinete, o pozo, o balancín e incluso do seu loro e seu can, intentan disuadila.
Ao igual que na súa última colaboración con OQO, Mar Pavón volve facer uso da fantasía e a maxia neste divertido conto acumulativo no que o xogo e a adivinanza atrapan ao lector. A autora tamén xoga, coma nos relatos clásicos, co número sete, tan presente nas historias tradicionais. O lector acompaña a Lulula cando enxabona e restrega unha a unha as sete pezas da súa colada; cando pregunta polo tendedeiro aos sete personaxes que habitan no seu patio; e son sete as cores do arco da vella que aparecen, tras o chaparrón, cunha leda sorpresa para velliña.

Nesta historia, Mar Pavón ten como aliada á imaxinación de Alessandra Climatoribus. Á ilustradora italiana resultoulle divertido este traballo no que interpretou o texto para xogar co lector e apropia Lulula. Así, decidiu introducir no relato criaturas misteriosas e dous pícaros ratonciños, que os lectores de OQO, saberán recoñecer.

Cimatoribus non se limitou a dar vida a estes habitantes máxicos e trastes. Así, coma contrapunto á actitude de desconcertó da vella Lulula, crea un personaxe máis para o relato: o gato. O felino é o único consciente do que está a pasar e os seus ollos indican sempre ao lector hacia onde debe dirixir a súa mirada. A elección deste animal no é casual, Cimatoribus é conscente dos valores de “sabio e prudente” que se lle atribuen.

As ilustracións en acrílico sobre papel, caracterízanse  por tonos vivos que transmiten a enerxía e a forza vital de Lulula. Esta é a razón de que se vista de laranxa, a pesar de que non é unha cor  moi utilizada polas personas maiores. Deste modo, representan a esas mulleres de idade que non se renden e están cheas de enerxía e frescura coma toda a historia.









lunes, 28 de febrero de 2011

Exposición orixinais de "Sen mirar atrás" de Dani Montero




O proximo día 4 de Marzo ás 20:30h da tarde terá lugar na Libraría Endo ( A Coruña - R/Entrepeñas, Nº 41, Baixo) a inauguración da exposión de orixianis e copias de orixinais do comic “Sen mirar atrás”  do debuxante Dani Montero e editado pola galega Demo Editorial.
Ademáis da inauguración da exposición, os asistentes poderán escoitar do propio Dani Montero, como foi o proceso creativo do comic que gañou o “Premio Castelao 2009”.
Dani Montero asinará exemplares da súa obra (a venda na propia Libraría Endo) a todo aquel que se achegue co su comic baixo o peto.

A exposición poderase ver na Libraría Endo dende o día 4 de Marzo ata o día 1 de Abril.

Esperámosvos a tod@s na Libraría Endo para desfrutar desta estupenda exposición.

As recomendacións do día


Juxtapoz Handmade
Varios artistas
Editorial Gingko Press
Prezo: 28€

É unha compilación de traballos de 24 artistas. Producido pola revista de arte Ginko Press, este libro é unha testemuña dos artistas que evitan a tecnoloxía a favor doutras habilidades artesáns máis tradicionais. Papel, téxtiles, bordados, madeira e outros materiais e técnicas conforman este coidado documento gráfico.










 Desarrollo de un proyecto gráfico
Varios autores
Editorial: Indexbook
Prezo: 24€

Un libro práctico, especialmente para xente que comeza no deseño gráfico. Os capítulos están ordeados seguendo o sentido común cando se trata de levar a cabo un proxecto gráfico: xestión do proxecti, entorno do traballo, deseño, as posibilidades visuais (fotografía e ilustración) e de escritura (tipografía) que se pode aplicar ao traballo.. Aspectos relacionados coa producción en serie, sen olvidar un glosario de termos e unha bibliografía.