miércoles, 30 de marzo de 2011

Charla sobre anime experimental



Chega ao final as Xornadas de achegamento ao manga e anime e o fan cunha charla sobre anime experimental e anime cyberpunk que terá lugar  este xoves 31 de Marzo ás 20:00h da tarde na Libraría Endo ( A Coruña - Rúa Entrepeñas, 41 Baixo) .
Para esta ocasión os encargados de facer un percorrido por ambos universos animados serán David Pazos de blog e colectivo Serial Experiments e Leandro Garibaldi (Gari) da Asociación Movemento Xove

Nesta charla farase un repaso amplo sobre a animación experimetal xaponesa e falarese dos estudios máis famosos e os animadores que fan posible este tipo de animación tan pouco coñecido en España. Da mesma maneira Leandro Garibaldi adentrarse no mundo do manga e anime Cyberpunk, moi ligado tamén ao anime experimental. Proxectarase o primeiro capítulo do anime “Haibane Renmei” de Yoshitose Abe e unha curta que ao longo do día de hoxe desvelaremos.

En defitiva, unha máis que interesante charla na que se poderá descubrir ou redescubrir a animadores coma Koji Morimoto, Yoshitose Abe, Range Murata, Koji Yamamura, Masaaki Yuasa; estudios como Gainax, Madhouse, 4C; animes  e mangas coma Mononoke, Serial Experiments Lain, Evangelion, Ergo Proxy, Haibane Renmei, FLCL, Kino no tabi, Ursa minor Blue…

Se vos apatece pasar un rato entretido e coñecer o anime experimental e cyberpunk, non o dividedes, achegádevos a Libraría Endo.


martes, 29 de marzo de 2011

As aventuras de Matendo: Matendo e os números



Matendo e os números
 

Matendo chega á Libraría Endo (A Coruña-Rúa Entrepeñas, 41 Baixo) disposto a arrincar un sorriso aos máis pequenos. Este peculiar personaxe ensinará que os números poden ser divertidos e que se pode facer maxia con eles. O venres día 1 de Abril os nenos teñen unha cita con el a partir das 19:00h da tarde.


Se pensas que as mates son aburridas, depois de coñecer a Matendo todo será distinto. Descobre o Universo de Matendo e os números.

Matendo acaba de enviarnos un comunicado para todos os nenos. Lede, lede….



“Bos días nenos e nenas, son Matendo  o fabuloso mago das matemáticas pero antes de comezar co espectáculo…

Coñeces os números…?

Sabes contar…?

Sabes xogar cos números…?

Sabes disfrazar os números…?

Sabes algún conto tolo, tolo, tolo… de números?



E se xa sabes todo iso… Matendo faiche unha proposición:

¿Facemos unha pinguiña de maxia cos números?

Pouquiña, pouquiña… que é o primeiro día.



Amigo, vémonos o venres ás sete: Matendo agárdate.”