miércoles, 4 de mayo de 2011

As recomendacións do día




Grotesco
Autora: Natsuro Kirono
Editorial: Emecé
Prezo: 22,50€

Na súa fascinante e impactante nova novela, Natsuo Kirino, autora de Out, móstranos unha vez máis a cara menos coñecida do Xapón contemporáneo. Groteco narra a historia de tres mulleres e a súa interconexión coa beleza e a crueldade, o sexo e a violencia, a fealdade e a ambición. Da man desta extraordinaria escritora, introducómonos no máis fondo da degradación persoal e humana, nos rasgos máis vulnerables e débiles de carácter dos individuos maltratados pola vida.

O seu argumento:

Tokyo. Duas prostitutas, Yuriko e Kazue, son brutalemnte asasinadas. A súa morte deixa unha estela de preguntas sen resposta sobre a súa identidade. Quén se agocha tras o asasinato? e, sobre todo, cómo chegaron a este terrible final?. A trav´s do diario da irmá maior, Yuriko, sumerxímonos na infancia das irmás e coñecemos de primeira man os entresixos dunha sociedade na que unha estricta xerarquía social decide o destino dos seus habitantes.









Body World
Autor: Dash Shaw
Editorial: Sins entido
Prezo: 25€

Ano 2060. Boney Borough (Botánico, escritor, romántico empedernido) acaba de chegar para investigar unha extrana pranta que crece nos arredores do instituto. Jem Jewel (a seductora profesora de ciencias) sente curiosidade polo doutor Phanter, pero o que máis lle preocupa e protexer aos seus alumnos.
Billy Borg (a estela de atletismo) ten problemas para combinar a escola, as rapazas e ser o capitán do equipo de Dadobol. Pearl Peach (a estudante rebelde) busca escapar do seu propio mundo e Paulie podería ser xusto o que necesita.

Dash Shaw e autor de "Ombligo sin fondo". Body World foi publicada orixinalmente online e nominada aos premios Eisner 2009 na categoría Webcomic. A medio camiño entre a ciencia ficción e a clásica novela de instituto, as úa publicación en papel en formato vertical dota á obra dun carácter único e innovador dentro do xénero.











lunes, 2 de mayo de 2011

As recomendacións do día




Origami, un libro para recortar, doblar y jugar
Autor: La Zoo
Editorial: Coco Books
Prezo:15,50€ 

Con ta só unhas tesoiras e co papel deste libro, o neno sumerxirase no mundo das mascotas, os seus cans, e no da cociña, preparando menús para os seus clientes.

Tamén deseñará vestidos de bonecas e adentrarase no ámbito do interiorismo decorando a súa propia casa. Este orixinal e divertido libro de origami axuda a facer voar a imaxinación creando xoguetes. Nel atópanse  máis de 100 figuras diferentes para cortar  e dobrar.


















Hokusai´s Mount Fuji
Autor: Hokusai (labor de recopilación: Jocelyn Bouquillard)
Editorial: Abrams
Prezo: 25€


Un fantástico álbum recopilatorio de Hokusai e as súas estampas sobre o Monte Fuji, realizado por Jocelyn Bouquillard para a editorial Abrams. Ademáis dos increibles debuxos que fixeron famoso a este Hokusai, podemos adentrarnos a través das páxinas deste libro tanto na histioria do Xapón no que viviu a o autor,  asi coma nunha analise das súa obra.
Imprescidible para aqueles amantes das estampas e historia xaponesa.