Pasaban xa algúns minutos das 20:30 da tarde cando Manel Cráneo comezou a falar sobre a súa exitosa obra "Os lobos de Moeche", un comic que transcorre durante a Segunda Revolta Irmandiña. Foi un acto desenfadado e moi divertido, na que os asistentes ademáis de redescobrer esta fabulosa historia que debuxou Manel, poido ver as diferentes láminas e pranchas que a Libraría Endo expoñe nas súas paredes ata o 28 de Febreiro. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso, deixo aquí unhas cantas para que poidades comprobar o ben que o pasou a concurrencia este pasado 28 de de Xaneiro.
Para poder ver máis fotos da Inauguración de "Os Lobos de Moeche" pincha aquí