sábado, 30 de abril de 2011

Rubén Mariño e "Los Triguis"



Onte celebrouse na Libraría Endo a inauguración da exposición de caricaturas e ilustracións do ilustrador Rubén Mariño Lamas.

Os asistentes puideron ver e apreciar  unha colección de caricaturas de cantantes de rock, pero tamén unha ampla selección de ilustracións homenaxe a Star Wars, Astroboy, Samurai Jack, Dragon Ball...

Sen dúbida unha exposición chea de color que dará moito que falar durante o mes que esterá na libraría.
Esta foi unha inauguración especial xa que o grupo "Los Triguis" deron un concerto no que desplegaron todo o seu bo facer interpretando versións dos anos oitenta. Un concerto que os asistentes disfrutaron e do cal dende aquí esperamos que se volva a repetir. Moitas a grazas polo concerto. Moitas frazas a todos os que vos achgástedes onte a inauguración e ao concerto.




jueves, 28 de abril de 2011

Inauguración de Rubén Mariño e concerto de "Los Triguis"




Voltan as actividades e inauguracións na Libraría Endo (Rúa entrepeñas 41, A Coruña). Esta semana temos preparado para todos os que queiran asistir tres propostas moi diferentes entre elas pero igual de intersantes.

Comezamos hoxe ás 20:30h cunha charla impartida por David Pazos autor do blog Serial Experiments sobre "Artistas e revistas xaponeses da década dos 50 e 60". 

Tal e coma dixo o propio David Pazos: "a charla fará un repaso a unha das Revistas máis importantes dos últimos 60 anos en Xapón pero sobre todo a unha serie de artistas que co seu traballo cambiaron a concepto que do manga se tiña ata entón."
O día de mañán, venres 29 de Abril terán lugar dúas actividades máis. 

A primeira delas realizarase a partir das 18:30 da tarde e estará destinada a os nenos e nenas xa que teremos unha nova sesión dos "Contos da avoa". Nesta ocasión a nosa avoa favorita contará "Tonino el invisible" do italiano Gianni Rodari.

Para a noite temos preparado unha velada moi espacial, xa que  apartir das 20:30 h da tarde o ilustrador coruñés Rubén Mariño (podedes ver os seus taballos no seu blog "Entintadamente") Lamas inaugura na nosa libraría unha exposición de caricaturas e ilustracións. Esta inauguración estará salpimentada coa actuación do grupo coruñés "los Triguis". Os seus compoñentes: José Brea ( voz), Javier Rey (guitarra) e Rubén (piano), tocarán diferentes versións de cancións dos anos 80. Unha boa oportunidade para disfrutar de balde de música e ilustración da mans de Rubén Mariño e Los Triguis.

Esperámosvos a todos na libraría Endo. Nos vos perades estas estupendas actividade!





miércoles, 27 de abril de 2011

As recomendacións do día





The Comic Journal Edición Especial: Masters of Manga
Editorial Fantagraphics Books
Prezo: 30€

Dende a Editorial Fantagraphics Books, chega este número especial do ano 2005.  Este foi u dos volumes máis especiais e máis esperados por moitos aficionados ao manga, pero sobre todo a aquelas persoas que senten curiosidade por sabre un pouco máis dunha publicación xaponesa que recolleu durante moitos anos os traballos de artistas e mangakas que revolucionaron cos seu debuxos e coa su imaxinación o panorama do  mundo do cómic nipón.

A longo das páxinas de “Comic  Journal: Masters of Manga” poderemos averiguar quen foi o fundador da Revista Garo e por que decidiu fundar este magazine. Un repaso amplo pola carreira de diferentes autores da mítica publicación coma Yoshihiro Tatsumi, Hidesi Hino, Shigeru Mizuki, Shuehiro Maruo, Sanpei Shitaro ou Tadao Tsuge. Unha recopilacion no só de informacion detaiada de Garo e os seus mangakas, tamén cunha gran selección de imaxes da época que ilustran un fenomenal artigo de varias páxinas .














 Goodbye
Autor: Yoshihiro Tatsumi
Editorial: La Cúpula
Prezo: 7,50€

Tetsu é un macarra de pouco monta que vive coa súa moza. Non sabe facer nada de nada e non ten ningunha meta na súa vida, e ainda por riba apenas fala. Un día marcha para non voltar. Mikaé unha prostituta que está atormentada pola soedade. Cando por fin atope a un home que queira quedarse xunto a ela , pensa que e posible que a situación pode que non sexa tan satisfactoria coma ela soñara dende sempre.
Kyoko abandonou ao seu marido dous anos atrás. Ao seu regreso, descobre que a casa está exactamente igual a coma a deixou o día en que decidiu partir. Yamaguchi e outros homes de negonios teñen unha aposta apiques de facer: o que acerte o número de falecidos en accidentes de circulación da semá próxima, levarase os cartos. Pero en realidade, que importa o número de falecidos nun accidente de circulación da semá seguinte, cando a cada súdo lle segue un adeus. Así funciona e así o retrata Tatsumi nesta maxistral antoloxía de historias breves: sen moralexas e con un pulso narrativo case documental e unha sensibilidade capaz de conmover  a todos os que o leen.