Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2011

Inauguración da exposición de Sergio Covelo

Cartaz realizado por Sergio Covelo


Este venres día 8 de abril ás 20:30h da tarde terá lugar na Libraría Endo (A Coruña-Rúa Entrepeñas,41 Baixo) a inauguración dunha nova exposición, nesta ocasión temos o pracer de contar con Sergio Covelo que fará un repaso ao seu traballo cunha exposición chamada: “Un mono moi feo: unha exposición de comix, ilustración e fauna variada”.

Os asistentes ademáis de poder ver e contemplar a exposición de Sergio Covelo, poderán coseguir un exemplar firmado do número 15 do fanzine Barsowia; fanzine no que publicou o seu último cómic.

Teremos tempo tamén de tomar un viño e picar algo, falar e sobre todo pasar unha noite agradable entre debuxos e libros.





Quén é Sergio Covelo?


Sergio Covelo Moreira (Vigo 1976)
Comezou nisto dos tebeos a principios dos 90 formando parte do fanzine “Chámalle X”. Tamen colaboreu con fanzines do ámbito vigués coma o “Whore”, o “Cómikaze” e tamén co “Fanzine das Xornadas”. Logo diso viñeron colaboracións con publicacións de fora de Galicia como “Cabezabajo”o “Dos veces breve”. Tambien con revistas como “Código Cero”, o “Ollo Público” ou xa a un nivel máis profesional no suplemento da Voz de Galicia “Golfiño” ó tempo que comeza a súa andadura profesional coma deseñador e ilustrador. Sen deixar de lado, claro  a súa faceta como historietista.
Membro do colectivo Polaqia, fundou xunto cos seus compañeiros o fanzine Barsowia, galardonado no Saló de Barcelona tanto polos votos do público coma na sección oficial. Outras publicacións nas que participou foron os albumes “H2Oil”, “Barsowia en llamas”(Dolmen 2006) e na novela gráfica “Capital”(Ediciones de Ponent). No presente ano espera estrenarse en solitario.

Galardóns:
Gañou un accésit no Concurso Galego de Banda Deseñada, categoría B (18 a 30 anos) en 1997. Coa historia "A realización persoal de D.X." levou un accésit no XV concurso galego de banda deseñada Xuventude 1999. Recibiu o primeiro premio no Certame de Cómic de Arteixo (2000), categoría C (adultos), coa historia "Salvar o Ovo Ryan", unha parodia culinaria do filme de Steven Spielberg. Xunto con Kike Benlloch fixo "Asasinos", 2º premio na categoría A do certame de cómic de Cangas 2007.





martes, 22 de marzo de 2011

Calendario de actividades do mes de Abril



A Libraría Endo segue co seu calendario de actividades e o més de Abril chega repleto de moitas e diferentes actividades para tod@s.



Para rematar o mes de Marzo, o día 31 deste mes os amantes do manga e o anime, teñen unha cita co manga e o anime experimental e cyberpunk. Poderán disfrutar dunha charla sobre este tipo de manga e animación,e da proxección do anime Haibane Renmei. Todo esto a partir das 19:30 da tarde.



Abril



O venres día 1 de abril: os máis pequenos teñen unha cita cun novo amigo da Libraría Endo: “Matendo”. Con él os nenos poderán acehegarse a “As aventuras de Matendo”. A súa primeira aventura será: “Matendo e os número”.
                                       




O venres día 8 de abril: inauguración da nova exposión na Libraría Endo. Esta cuarta exposión que se colga nas paredes da libraría corre a cargo de Sergio Covelo. Sergio Covelo e un debuxante galego de banda deseñada. Algún dos seus traballos son: “Código Cero”, "H2Oil" e "Barsowia en Llamas" (Dolmen, 2006),  á novela gráfica "Capital" (Edicions de Ponent, 2006) e "Asasinos" (2007). Nesta exposición poderanse ver diversos orixinais do autor.





O xoves 28 de abril: terá lugar unha charla sobre a publicidade xaponesa nos medios impresos dos anos 50.  Unha ollada a autores e publicacións máis relevantes coma a Revista Garo, da que sairon grandes mangakas que deron o empurrón a un estilo e unha forma de facer publicidade en Xapón.





O venres 29 de abril: os nenos teñen unha nova cita cos “Contos da avoa”. Conto ainda por confirmar.










lunes, 28 de febrero de 2011

Exposición orixinais de "Sen mirar atrás" de Dani Montero




O proximo día 4 de Marzo ás 20:30h da tarde terá lugar na Libraría Endo ( A Coruña - R/Entrepeñas, Nº 41, Baixo) a inauguración da exposión de orixianis e copias de orixinais do comic “Sen mirar atrás”  do debuxante Dani Montero e editado pola galega Demo Editorial.
Ademáis da inauguración da exposición, os asistentes poderán escoitar do propio Dani Montero, como foi o proceso creativo do comic que gañou o “Premio Castelao 2009”.
Dani Montero asinará exemplares da súa obra (a venda na propia Libraría Endo) a todo aquel que se achegue co su comic baixo o peto.

A exposición poderase ver na Libraría Endo dende o día 4 de Marzo ata o día 1 de Abril.

Esperámosvos a tod@s na Libraría Endo para desfrutar desta estupenda exposición.

martes, 25 de enero de 2011

Exposición de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo




O próximo venres día 28 de Xaneiro na Libraría Endo de A Coruña (R/ Entrepeñas, 41 / Teléfono: 981142942) terá lugar a inauguración da segunda exposición de autores galegos. Nesta ocasión é o turno de Manel Cránero e as súas láminas orixinais da súa última obra "Os Lobos de Moeche".

Unha boa ocasión para descubrir ou redescubrir a este autor galego de Banda Deseñada. Ademáis de poder conseguir un exemplar dos Lobos de Moeche coa firma do propio Manel Cráneo, os asistentes estades invitados a un viño.

Se vos gusta a Banda Deseñada e o cómic, e non coñecedes a este magnífico debuxante galego, non o dubidedes, vide este venres á Libraría Endo.

A exposición comezará o venres 28 de Xaneiro e remata o 28 de Febreiro.


Video promocional de "Os Lobos de Moeche"





Imaxes de "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo






lunes, 27 de diciembre de 2010

Breogán, de Isaac Amboage



Galicia conta con moitos e moi bos debuxante e guionistas de comics, ou tebeos, da igual como queirades chamalos. Nomes que de seguro son admirados por algún rapaz aficionado á Banda Deseñada. Este é o caso de Isaac Amboage. Rapaces como el conforman a canteira que un día farán grandes comics. E fácil ver a xente nova leer manga ou comic americano, pero se algo escasea e ver a paixón con que un rapaz  fai fanzines, escribe blogs e intenta introducirse no mundo da viñeta a base de talleres e cursos para millorar e aprender día a día.
A Libraría Endo non só apoia aos autores galegos consolidados e cunha traxectoria chea de grandes títulos, tamén apoiamos aos xoves creadores que veñen con gañas e coa ilusión de quen está comezando.
Isaac Amboage chegou co seu Fanzine chamado “Breogán” na man e díxome se podía deixalo na libraría. Non houbo lugar a dúbidas. O comic xa ten o seu propio oco na libraría. Asi que xa sabedes, se queredes leelo só tendes que vir  ata Endo preguntar por “Breogán” e polo precio de 2 Euros teredes o voso exemplar. Estou Seguro que vos gustará!
Estou seguro de que Isaac chegará a conseguir todo o que se propoña. Dende aquí, os máis sinceiros parabéns.


Traballos publicados, premios e eventos do autor:

Taballos Publicados

-Sinónimos de Lucro Nº02, Agosto 2.010, fanzine, coa historieta Misión Imposibel.

-Breogán, Agosto 2.010 .

Premios

-3º premio no Concurso Retranqueiro:Pasaratos Ortogal, Diciembre 2.009

-2º premio no "I Certame Literario de Cómics I.E.S. Miraflores", Maio 2.010


Eventos

-Presentación del Nº02 de Sinónimos de Lucro, Vilagarcía de Arousa, Septiembre 2.010


Por certo, deixovos unas cantas imaxes de debuxos de “Breogán”, debuxada e guionizada por Isaac Amboage.




Se alguén quere visitar o blog de Isaac só ten que pinchar neste link: Comics franco-belgas y gallegos