Mostrando entradas con la etiqueta anime experimental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anime experimental. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de julio de 2011

The art of Welcome to the Space Show




The art of  Welcome to the Sapace Show
Autor: Mitsumura Suiko Shoin
Editorial: A-1 Pictures
Prezo:43€

Com a xa sabedes o próximo día 30 de Xullo terá lugar na Libraría Endo as Xornadas de Anime Endo. Unha das películas que se proxectarán ao longo deste sábado adicado ao anime será “Welcome to the Space Show”. E xa que se poderá ver esta película e ademáis subtitulada ao galego, tameén podedes atopar en Endo o artbook deste filme de aventuras e amizade, que conta as peripecias de cinco nenos humáns que certo día se atpopan cun habitante doutro planeta que os levará de viaxe polo inmenso, colorido espazo e vivirán experiencias inesquecibles en planeta aos que nunca pensaron que se podería viaxar.
O artbook e un  repaso polas imaxes, fotogramas  escenas más divertidas, coloristas e épicas desta película de animación xaponesa que foi todo un éxisto de crítica en Xapón e no pasado Festival de Sigtes.
Non cabe dúbida de que dende o primeiro intre no que temos este libro de ilustracións nas nosas más algo nos transporta ao máxico mundo no filme e nos empurra a descifrar o arte que atesoura no interior.
Non só atporaemos a citada colección e selección de imaxes, tamén bocetos a lápiz das localizacións, edificios, e personaxes que aparecen ao longo e ancho da trama.
Imprescindible tanto a película coma este libro de ilistracións que ten certo regusto ao Estudo Ghibli, ou á recenté e Summer Wars .


Imaxes o artbook







jueves, 30 de junio de 2011

Xornadas anime Endo

Cartaz realizado por RKB Fansub



O sábado 30 de Xulio na Libraría Endo (R/Entrepeñas 41) celebraremos as Xornadas de Anime Endo a partir das 11:00h da mañá e durante todo o día ata ás 20:00h da tarde. A entreda será libre e gratuita.

Estas pequeñas xorndas de anime estarán organizadas porla Libraría Endo e RKB Fansub, que se encargarán de traernos anime de estreo e anime da tempada pasada e películas subtituladas ao galego e ao castelán.

Durante toda a xornada poderase ver algún dos animes de estreo de máis éxito entre os afionados coma son Dog Days e Ao no exorcist. Poderánse visionar series de animación de culto como o capítulo semanal de Naruto. Durarara, o novo anime do creador de Baccano será unha das series estrela neste día de festa para os otakus e fans da animación nipona. Haberá tempo para descubrir e comezar a ver Deadman Wonderlans (dos creadores de Eureka 7) e Yojou-han Shinwa Taikei (tamén coñecida coma Tatamy Galaxy) Proxectaranse dúas películas : Fate /stay night e Welcome to the space show  (estreada fai un meses en Xapón, e sendo un éxito rotundo).


Tamén Terán lugar na libraría actividades  nas os afionados poderán participar e ganar premios (figuras anime artbooks). Unha das actividades será o concurso cosplay ou unha charla que aos amigos de RKB Fansub darán sobre o proceso de fansub dunha serie anime. Conforme se achegue a data das Xornadas Anime Endo desvelaremos o resto de actividades.

Habrá tiempo para un concurso de cosplay y regalos para los ganadores y algunas sorpresas más de la cuales os iremos informando conforme se acerque la fecha de las Xornadas Anime Endo.

Con estas proxeccións, a libraría Endo pretende achegar á animación xaponesa ao idioma galego e grazas aos compañeiros de RKB Fnasub podemos decir que será posible.
Esperámosvos a todos o 30 Xulio na Libraría Endo para disfrutar destas xornadas de animación nipona.

A continuación poñemos a lista de animes, tanto os que están subtitulados ao galego coma os que se poderán ver subtitulados ao castelán.

Animes subtitulados en galego
- Deadman Wonderland.
- Welcome to the Space Show (película)
- Tatami Galaxy

Animes subtitulados en castelán
- Durarara
- Naruto (capítulo de la semana y el anterior)
- Dog Days
- Ao no exorcist
- Fate/stay night (película)












miércoles, 30 de marzo de 2011

Charla sobre anime experimental



Chega ao final as Xornadas de achegamento ao manga e anime e o fan cunha charla sobre anime experimental e anime cyberpunk que terá lugar  este xoves 31 de Marzo ás 20:00h da tarde na Libraría Endo ( A Coruña - Rúa Entrepeñas, 41 Baixo) .
Para esta ocasión os encargados de facer un percorrido por ambos universos animados serán David Pazos de blog e colectivo Serial Experiments e Leandro Garibaldi (Gari) da Asociación Movemento Xove

Nesta charla farase un repaso amplo sobre a animación experimetal xaponesa e falarese dos estudios máis famosos e os animadores que fan posible este tipo de animación tan pouco coñecido en España. Da mesma maneira Leandro Garibaldi adentrarse no mundo do manga e anime Cyberpunk, moi ligado tamén ao anime experimental. Proxectarase o primeiro capítulo do anime “Haibane Renmei” de Yoshitose Abe e unha curta que ao longo do día de hoxe desvelaremos.

En defitiva, unha máis que interesante charla na que se poderá descubrir ou redescubrir a animadores coma Koji Morimoto, Yoshitose Abe, Range Murata, Koji Yamamura, Masaaki Yuasa; estudios como Gainax, Madhouse, 4C; animes  e mangas coma Mononoke, Serial Experiments Lain, Evangelion, Ergo Proxy, Haibane Renmei, FLCL, Kino no tabi, Ursa minor Blue…

Se vos apatece pasar un rato entretido e coñecer o anime experimental e cyberpunk, non o dividedes, achegádevos a Libraría Endo.