jueves, 16 de junio de 2011

Música tradicional japonesa (de los orígenes al S.XVI)

 


Música tradicional de Japón (de los orígenes al S.XVI)
Autor: Akira Tamba
Editorial: Akal
Prezo: 21€

Esta obra explora as tres formas máis antigas da música xaponesa na súa función ritual ou ceremonial: o shomyo, canto litúrxico que pertence ao patrimonio do pensamento budista. O gagaku, música de corte que é a máis antiga música armónica do mundo interpretada hoxe en día. Por último, a música de biwa, canto épico acompañado do laúd que relata as epopeias medievais do Xapón.

Unha parte importante do libro está adicada aos intrumentos e ao exemplos musicais transcritos en notación occidental.

Ao analizar estas formas musicais milenarias ainda vivas, este libro constitue unha chave de acceso á cultura e á mentalidade xaponesa e permite asi mesmo verificar cómo o país nipón mentén unha das súas singularidades coma é a perpetua asimiliacón das formas artísticas.

O libro foi escrito por Akira Tamba, diplomado pola Universidade das Artes de Tokyo e polo Conservatorio Nacional de París, galardoado en varios concursos internacionais. Dende 1967, desenrola en París unha doble carreira coma compositor e musicólogo no CNRS.







Os contos da avoa: os nenos, os monstros e os debuxos


Como xa sabedes o pasado martes, na Libraría Endo déronse cita os nenos e nenas no contacontos da avoa Endo, dentro do ciclo "Os contos da avoa". O conto en cuestión non era otro que "A visita dos domingos".


Todos os nenos que á libraría se achegaron puideron disfrutar dunha tarde divertida chea de color, monstros e moita risa. Ademáis do "monstroso conto" tamén fixeron a súa propia interpretación dun mosntro e así deixaron voar a súa imaxinación e plasmaron en papel maravillosos debuxos que a continuación poñemos para que vexades o seus traballos.


TODOS OS DEBUXOS E FOTOGRAFÍAS QUE NESTE BLOG APARECEN, EXPÓÑENSE BAIXO O CONSENTIMENTO DOS PAIS/NAIS OU TITORES DOS NENOS.












FOTOS





lunes, 13 de junio de 2011

O recuncho de MatEndo: o xogo día


Pentacubo feito a man
Material: Madeira
Prezo: 23€

Na libraría temos libros infantiles, manga e cultura xaponesa e libros de importación pero tamén apostamos polos xogos matemáticos. Desta maneira e partir de hoxe comezamos unha nova sección chamada: "O recuncho de MatEndo".

Hoxe estreamos a sección falando dun xogo que temos na libraría chamado "Pentacubo".
Sabíades que a orixe do famoso Tetris é precisamente o Pentaminó?
O Pentacubo é unha figura xeometrica composta por cinco cadrados unidos polos seus lados. Existen doce Pentacubos diferentes, que ademáis nómbranse con diferentes letras do abecedario. Os Pentacubos obtidos a partir de outros por simetría ou por rotación non contan coma Pentaminó diferente.

Este pentacubo feito a man e en madeira  e adenmáos podénse facer unhas divertidas e educativas activdades, que farán as delicias tanto de nenos e nenas  e adultos:

Actividades:

- Cos doce pentacubos construir rectángulos de 6x10, 5x12, 4x15 e 3x 20

- Cos doce pentacubos formar cadrados de 8x8 deixando catro hocos libres (nas catro esquinas, no centro...)

- Construir cada un dos pentacubos utilizando nove pentaminós.

Construir figuras simetricas utilizando dous, tres,...  pezas dos pentacubos,






Imaxes do Pentacubo