Estaciones
Autor: Albin Michel Jeunesse
Editorial: Kókinos
Prezo: 18€
Un sinxelo imaxinario con palabras e ilustracións relacionadas dunha maneira ou de outra coas estacións do ano. Pero este libro vai moito máis alá. É un libro cunha música sutil no seu ritmp interno no que a melodía vai in crescendo, ten tempos de silecios e estribillos que xogan coa memoria do lector. As ilustracións teñen un estilo de grabado da vangarda rusa dos anos 50, e os matices da cor e o aire retro fano moi suxerente.
Los colores de Dulari
Autores: Dulari Devi e Gita Wolf
Editorial: Kókinos
Prezo: 13€
Los colores de Dulari, recolle a renra historia de Dulari Devi, unha humilde muller india que decidiu cambiar un dia de duro traballo pola inmersión da maxia da pintura.
O libro supón a culminación dun camino no que a pintora permitiuse recrear escenas da vida normal da súa cultura no estilo tradicional Mithila, a travésdo cal consegue encher de cor a escuridade. O texto recolle a narración desta fascinante muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario