lunes, 29 de agosto de 2011

Ata pronto




A pesar do que poida parecer hoxe non é un día triste para a Libraría Endo. Despois de nove meses, pechamos a tenda física pero iso non siginifica que pechemos a libraría, xa que nos trasnformámonos en  web e tenda  online, na que poderedes atopar o último en artbooks de manga e anime, merchandising, figuras, revistas de moda lolita e cosplay e moito máis.

Estamos a traballar na páxina web asi que estade atentos por que en canto vos dedes conta estaremos de volta outra vez. A nova páxina web traerá consigo non só a posibilidade de mercar online senón que terá unha sección de entrevistas a autores e artistas galegos, blog e unha nova sección de actividades. Si... acividades!! , xa que seguiremos organizando actividades e exposicións para que poidades seguir disfrutando delas.

En canto este lista a web faremos o anuncio nas diferentes redes sociais (Facebook, Twiter, Google +,  Tuenti). Estade atentos!



Ao longo destes meses dende Endo fixéronse atividades relacionadas co mundo do manga, o anime e o comic en xeral, intentando dar apoio tanto aos autores consolidados dentro do tebeo galego coma aqueles que tentan facerse un oco neste mundo tan bonito da banda deseñada.

Durante estes meses pasaron polas paredes da libraría oixinais de grandes debuxantes, dende aquí queremos dar as grazas a todos os artistas que expuxeron as súas obras: Mariano Casas, Manel Cráneo, Sergio Covelo, Dani Montero, Sito, Rubén Mariño.


Tamén dar as grazas José Andrés Santiago, a Lolita en Nuncaxamais, a Iria e Laura por organizar a exposición e os taieres de BJDs,  a Asociación Cultural Movemento Xove, que tanto axudaron en moitas das actividades que se realizaron na libraría a Gelo por organizar o Tanabata,  a RKB Fansub, a Yume Crisis e a Los Duguis polos concertos que deron en Endo.


Tampouco me quero olvidar de dar as grazas a moitos dos que me deron animos e apoios nestes meses, aqueles que deron parte de si mesmos en Endo: Martín e Gari, Selene e Ángel, Fiva, White, Jorge, Uberos e Isa, Carla, Jacobo, A  Begoña e Rubén e sobre todo a Pili, Coque e Mariña.


Moitas grazas a todos, vémonos pronto na rede... e nas próximas actividades que estamos a preparar!!





5 comentarios:

  1. Hola!
    ¡Es una pena que se cierre!

    Pero tengo una duda, hace dos semanas pedí un artbook y por motivos no pude pasarme por la librería, ya que me habían comentado que en dos o tres días estaría. ¿Cómo se hará ahora?

    ResponderEliminar
  2. No conocía vuestra librería, pero por lo que veo podría llegar a interesarme BASTANTE. Espero impaciente el comienzo de vuestra andadura online, un paso sin duda inteligente. ¡Ánimo!

    ResponderEliminar
  3. Hola Atori, no te preocupes por los artbooks. Lo tendrás. En cuanto me lleguen tendrás noticias de Endo 8tengo t correo electrónico) ya que a pesar de cerrar la tienda física tendremos tienda online!

    ResponderEliminar
  4. NO es un adiós... es un hasta luego.

    Con ganas de ver la nueva web y de organizar lo que sea!!!!

    GAMBARE!!!!!!!!!!!!

    G.niano

    ResponderEliminar