miércoles, 11 de mayo de 2011

Proxección na Libraría Endo



Este sábado día 14 ás 18:00h da tarde, na Libraría Endo (Rúa Entrepeñas, 41)  grazas á Asociación Movento Xove teremos a proxección da película "Rare Exports: A Christmas tale".
Será un vento organizado precisamente por Movemento Xove en colaboración coa Libraría Endo.
 
"Rare Exports: A Christmas tale"., levou o premio á mellor película, mellor fotografía e mellor director no Festival de de Sitges de 2010. Ademáis, fixéronse dúas cuirtas anteriores á película.

A película conta as prospeccións que realiza un grupo de científicos nun pobo do norte de Finlandia que alteran o ánimo dos lugareños. O pequeño Pietari, será un dos primeiros en darse conta de que algo non vai ben, e a súa curiosidade levarao a descubrir a terrorífica orixe dunha das persoaxes máis populres do Nadal..
O finés Jalmaro Helander regálanos agora unha versión máis longa desta historia que xa contara en dúas curtamentraxes anteriores: “Rare Export Inc” e “Rare Export Inc-Safety Instructions”.

En definitiva, un inxenioso conto de nadal que produce o mesmo efecto que un relato de terror narrado á luz  dunha lumeirada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario