Matchibako
Autora: Maggie Kinser Hohle
Editorial: Mark Batty Publisher
Idioma: Inglés
Prezo: 15€
Matchibako: Japanese Matchbox Art of 20´s and 30´s móstranos a rápida transformación de Xapón nun imperio industrial no século XX tal e como Se mostra nos anuncios das caixas de mistos da época. Ás caixas de mistos uníronse as de tabaco e nos hoteis de estilo occidental ou nos bares de shushi era habitual ver deseños nos que occidentais visten kimonos, xente debatindo a última película dos Mrax. Aparecía o novo grafismo xaponés.
Ainda que a maioría dos deseños se fixeron de forma anónima, estas diminutas obras de arte mostran o resultado da influenza do cubismo e de Bauhaus. Este pequeño libro é unha deliciosa colección de imaxes que Xapón legou xa fai moitas décadas.
Oh! my God, I miss you
Autor: Yoshitomo Nara
Editorial: Chronicle Books
Prezo: 10€
Unha abraiante colección de 30 postais, para disfrutar e paladear. Unha bonita recopilación dalgúns dos traballos de Nara que non deixará indiferente a ninguén. Ben sexa amante do estilo de Nara, da pintura, ou simplemente quere unas preciosas postais dun estilo inconfundible, terá un tesouro tanto para gardar coma se que quere regalar esta obra a un parente, amigo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario