Este martes ás 19:00h da tarde os nenos e nenas teñen unha nova cita cos contos da avoa na Libraría Endo (R/Entrepeñas, 41 Baixo) Nesta ocasión a historia qua a avoa Endo contará chámase: "A visita dos domingos" Un conto editado pola Editorial OQO.
Este conto ensalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e alimentar a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos.
“O xogo entre pais e fillos, a través da ficción e da fantasía, é moi importante”, argumenta Gubellini que cre “fundamental” alimentar a imaxinación dos pequenos como unha forma eficaz de que “nunca estean sos”. Ademais, a entrega total e cooperación dos adultos neste tipo de xogos afianza que crezan sentíndose “amados e protexidos”.
A particularidade de que este monstro que visita cada domingo ao noso protagonista inspire simpatía, complicidade e afecto, converte a esta historia nun bo instrumento para axudar a superar os medos infantís.
O desenlace de A visita dos domingos corrobora a advertencia de que as aparencias enganan e de que, aínda que a imaxinación debe estar presente en todas as facetas cotiás dun neno, tamén o retorno ás normas faise indispensable na convivencia en familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario