Hoxe recomendamos catro clásicos da literatura española que foron adaptados ao comic.
Lazarillo de Tormes
Autor: Enrique Lorenzo
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €
Egoísmo, falsas aparenzas, sabedoría popular, problemas económicos, sentido del humor. Descubre como o inxeño pode ser a millor arma contra a necesidade. Lazaro de Tormes é chamado pola xustiza para aclarar un asunto. Nas súas explicacións remontase a súa infancia, e ás aventuras que viviu xunto aos seus tres amos que por distintos motivos o mataban de fame.
Don Juan Tenorio
Autores: José Zorrilla/ Pérez
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €
Don Juan Tenorio, cabaleiro seductor realiza unha aposta con don Luis Mejía e involúcrase de cheo nunha historia se amores imposibles, pantasmas e misterios. Ata onde é lícito o xogo sucio nos asuntos do corazón? Incrible versión do clásico de Zorrilla.
El monte de las Ánimas
Autores: Gustavo Adolfo Bécquer/David Rubín
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €
Na noite dos defuntos, Alonso narra a súa curmá Beatriz a terrible lenda que pesa sobre o monte das Ánimas. Nembargantes, Beatriz insiste en que o seu curmán se achegue outra vez ao maléfico lugar para recuperar a banda azul que perdeu na cacería desa mesma mañá.
Amadís de Gaula
Autores: Ricardo Gómez Gil/Emma Ríos
Editorial: SM
Prezo: 9,50 €
O pequeno Amadís é abandoado nunha barca. O destino quererá que o cabaleiro Gandales o atope e o críe coma a un fillo. Protexido pola feiticeira Urganda e seguido polo mago Arcaláus, o cabaleiro Amadís sorteará todo tipo de perigos polo amor á princesa Oriana.
PRÓXIMAMENTE TEREMOS...
De Miguel Porto
No hay comentarios:
Publicar un comentario