viernes, 14 de enero de 2011

As recomendacións do día

Os tres bandidos
Autor: Tomi Ungerer
Editorial Kalandraka
Prezo: 15,50


Cunha versión fiel á orixinal en alemán publicada nos anos 60, Kalandraka pon en valor esta obra coa que creceron moitas xeracións de nenos, cativados pola historia destes peculiares personaxes, excelentemente caracterizados cos seus orixinais atuendos e o seu atípico instrumental para cometer trasnadas. O relato destaca polo seu carácter descriptivo, pola orde narrativa coa que transcorren as accións, pola sinxeleza coa que Tomi Ungerer guía ao lector páxina a páxina. Á comprensión da historia axudan en gran medida as ilustracións: o contraste das cores, a expresividade en cada escea e o aspecto enigmático que caracteriza aos bandidos son os elementos máis significativos deste conto.





... tamén recomendamos


O Gran Guerriro
Autores: Pello Añorga/Jokin Mitxelena
Editorial: Faktoria K
Prezo: 13


“El Gran Guerrero” (‘Gerlari Handia’, en euskera) é a obra galardoada coa primeira edición do Premio Etxepare de Álbum Ilustrado, para autores de Euskadi. O relato trasládanos a un tempo pasado, no que o valor e aceiro impoñían a súa lei. O autor recréase na descripción da paisaxe, das accións e dos pensamentos do protagonista. Onde o texto se volve máis intenso é na loita que o Gran Guerreiro emprende cuns ser descoñecido que o acecha na escuridade dunha cova; unha criatura que resiste os embates da súa espada, uninimigo misterioso que lle supera e o deixa completamente indefenso, sen arma e sen armadura. 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario