martes, 24 de mayo de 2011

A recomendación do día


Una vida errante (volmenes 1 e 2)
Autor: Yoshihiro Tatsumi
Editorial: Astiberri
Prezo: 24€ cada un dos volúmenes


Yoshihiro Tatsumi é unha figra seminal na historia do manga xaponés. A súa obra goza do recoñecemento mundial. Pódese decir este autor é o pai do "gekiga", un tipo de manga diferente, máis culto e literario que a maioría dos mangas da súa época.

Unha vida errante ofrece un relato en dous tomos en primeira persoa, da evolución do manga dende que se lle consideraba "unha  cousa de nenos", ata que se converteu nunha parte vital da sociedade e da cultura xaponesa.

Tatsumi invertiu once anos da súa vida na elñaboración desta monumental obra autobiográfica (os dóus volúmenes suman 850 páxinas), comezando polas súas experiencias infantís de Osaka e pasando pola súa adolescencia e xuventude nun Xapón abrumado polas sombras da Segunda Guerra Mundial.

A través do seu alter efo, Hiroshi, Tatsumi mostra o deteriorado matrimonio dos seus pais, a fráxil saúde do seu celoso irmán e as numerosas trampas ás que debe enfrontarse no competitivo mundo do mercado do manga no Xapón de medidados do século XX. Unha vida errante é un libro persoal e apaixoado, pero tamén é unha obra ambiciosa sobre unha persoa e un país en transición.













Cuenta hasta cinco (conto da India)
Adaptación: Ramón Girona / Ilustracións: Sebastià Serra
Editorial: Zorro Rojo
Prezo: 9,90€


O asno do alfareiro está preocupado xa que non sabe contar ata cinco. Pero unha noite, alguén lle dí: "fai o que sabes facer: conta ata cinco e non te preocupes de nada máis" De camiño ao mercado, o asno comeza a contar: un, dous, tres, catro, cinco...

Se chegas ao final deste conto sen perderte, descubrirás como o asno aprendeu finalmente que, despois do cinco, veñen o seis, o sete, o oito, e así ata o infinito.

Contos daquí, contos dalá, contos de todas partes. En calquer lugar do mundo alguéne está disposto a contar un conto. "Cuenta hasta cinco" é un bo exemplo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario