Obluda, un conto de Emil Sebe
Autor: Naoki Urasawa
Editorial: Big Comic Special
Idioma: xaponés
Prezo: 22€
Directamente de Xapón chéganos á Libraría Endo este conto que Naoki Urasawa debuxou e escribiu para o seu exitoso manga Monster. Un conto que é dalgunha maneira o desencadeante de moitos dos acontecementos e feitos deste manga. Non deixa de ser tamén unha forma de comprender a determinados personaxes deste comic xaponés.
Obluda e un conto escrito por Emil Sebe, personaxe do manga Monster. Neste conto Un monstro anda á procura dun nome. Este conto non é máis que a búsqueda da identidade e o sentido da vida, coma un mosntro que despois de percorrer a metade do mundo decidiu que este non era importante, que o que realmente importa é a felicidade. Un segundo monstro, un desdoblamento do primeiro, nunca está satisfeito a pesar de devorar a persoas para acadar ese ansiado nome. Hereda as identidadeS doutros e nunca sacia ese apetito de ser el mesmo. Un metáfora dese monstro que todos levamos dentro. As dudas que todos temos nalgún momento da vida e as obsesións que o queiramos ou non arrastramos ao longo da nosa vida.
Obluda non é máis que unha historia paralela que conta de modo intrigante a vida de Johann.
No libro tamén podemos atopar outras dúas historias: Velkoky Velkousty, de Jakub Faroubek e Buh Míru, de Klaus Pope, así coma o Schetch Collection de Helmuth Voss. Todos os utores e contos foron creados por Naoki Urasawa expresamente para a historia de Monster.
En definitiva, un edición de luxo para fans incondionales de Naoki Urasawa. A pesar de estar en xaponés, merece a pena telo na estantería xa que é o recopilatoroio destes contos e ademáis inclúe bocetos dos diferentes personaxes do manga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario