miércoles, 8 de junio de 2011

Loliday: crónica




O pasado sábado foi un deses días que merece a pena vivir como libreiro e coma aamante da cultura que nos chega dende Xapón: manga, anime, ilustración... e tamén a moda. Neste caso a moda Lolita. 

Celebrouse o "Día Internacional do Lolita" ou "Loliday" en Endo e a súa celebración non podía ser máis que un éxito. Endo vestiuse de gala lolita e das súas paredes e teito colgaban preciosos vestidos desta moda que ainda está a coñecerse en España e Galicia. O ambiente creado por "Lolita en Nuncaxamais" para a ocasión fixo que a xente entrase e preguntase sobre o Lolita. 

O asombro dos veciños e da xente ao ver unha marea de vestidos fixo que ao longop da mañá moitos quixeran facerse algunha foto coas protagonitas das actividaedes programadas para este día tan especial. Incluso xaponeses residentes na cidade achegáronse e quixeron levar para casa como recordo unha instantánea do "Loliday".

A tarde prometía unha boa afluencia de xente xa que "Lolitas en Nuncaxamais" darían unha charla e e proxectarían a película "Kamikaze Girls".
Unha charla que nun principio duraría 20 minutos, converteuse nun bonito debate de máis de case 1 hora sobre a moda lolita entre as responsables da charla e a xente que se achegou para escoitalas. A través de imaxes os interesados no tema poideron descubrir unha moda descoñecida para eles. 

A continuación a proyección da película e aplausos as rapazas de Lolita en Nuncaxamais por un día tan especial para o movemento lolita e para elas.

Grazas de novo rapazas.




Fotos do Loliday  







  





No hay comentarios:

Publicar un comentario