O próximo sábado 4 de Xuño celébrase en todo o mundo o “Día Internacional do Lolita”, por ese motivo a Libraría Endo quere sumarse a este día festivo e tan importante para todos aqueles que seguen unha moda que cada vez gaña máis adeptos ao longo e ancho do mundo, e como non tamén aquí en Galicia.
Pouco a pouco na nosa comunidade comezan a xurdir movementos organizados nos que os seus integrantes, o que desexan é dar a coñecer unha cultura, un modo de ser e unha estética que chega directamente de Xapón. Ese é o caso de “Lolita en Nuncaxamais” colectivo de rapazas de todos os recunchos de Galicia ( Coruña, Vigo, Santiago, Ourense…) Xustamente elas, boas coñecedoras desta fascinante cultura serán as encargadas de ensinar e dar a coñecer o “Movemento Lolita” este sábado 4 na Libraría Endo a partir das 11:00h da mañá e ao longo de todo o día a ta ás 20:00 da tarde.
Deste xeito realizaranse diferentes actividades relacionadas co mundo Lolita. Entre outras actividades haberá tempo para disfrutar de conferencias, proxeccións, exposición de vestido e complementos. Todos aqueles que se acheguen a Libraría Endo poderán adquirir productos feitos a man polas integrantes de “Lolita en Nuncaxamais” así coma revistas e libros de importación relacionados co mundo Lolita.
Qué e o movemento Lolita?
O Lolita é unha moda xaponesa que data dos anos 70. Está inspirada principalmente na estética europea dos séculos XVIII e XIX (máis concretamente no Rococó francés e na Era Victoriana inglesa). Ademais, o Lolita ten outras influencias como o mundo infantil, o gótico, o punk, etc.
A moda Lolita caracterízase por faldas longas e con moito vóo, puntilla, lazos, tocados e peinados complexos, calcetíns altos...
A moda Lolita caracterízase por faldas longas e con moito vóo, puntilla, lazos, tocados e peinados complexos, calcetíns altos...
Quén son “Lolita en Nucaxamáis”?
“Lolita en Nuncaxamais” é un foro de Internet no que pouco a pouco vanse reunindo lolitas de todas partes de Galicia e arredores (como Portugal ou Burgos). A nivel interno, o foro e un lugar no que pode atoparse moita información sobre o estilo, así como debates sobre o Lolita ou as última novedades. A nivel externo, “Lolita en Nuncaxamais” organiza eventos para a promoción do estilo.
Lolita en Nuncaxamais
No hay comentarios:
Publicar un comentario