lunes, 30 de mayo de 2011

Novedades en libros de importación


Cosmode, 39 (último número desta publicación de cosplay)
Editorial: Inforest
Prezo: 20€

Último número dunha das publiciacións de cosplay máis famosas que existen: Cosmode. Neste ofrece un respaso non só ás fotografías dos mellores cosplays dos últimos tempos, ademáis nas súas páxinas pódese aprender trucos para traballar e preparar perrucas dependendo do cosplay ou disfraz que se estea a realizar. Maquillaxe, fotos, peiteados e patróns para elaboración de traxes ou complemetos, son ingredientes que conforman a Cosmode número 39. Unha revista para todos aqueles que desexan aprtender e comezar a coñecer o ampñlo e fascinante mundo do cosplay.















Headphone Girls: A pictorial  book
Varios autores
Editorial: Gakken
Prezo: 30€


Un sorprendente catálogo de auriculares no que a través de debuxos de rapazas ilustradas por numeros e famosos mangakas xaponeses se pon de manifesto a potencia a forza que ten un medio como manga para vender e anunciar productos. A pesar de que, como antes se indica é un catálogo, é tamén un álbum recopilatorio de traballos de gran calidade no que artistas coma Okama, Yoshitose Abe, Range Murata... poñen de manifesto que en Xapón, o marketing e a publicidade non ten absolutamente nada que ver coa de Occidente.

Recomendado para os fans dos artistas antes citados, e tamén para aqueles que queiran descubrir a estes a a un bo grupo de excelentes debuxantes. Totalmente recomendado.











No hay comentarios:

Publicar un comentario