miércoles, 25 de mayo de 2011

Parabéns Expotaku 2011





Durante os pasados días 20, 21 e 22 de Maio a Libraría Endo estivo presente en Expotaku A Coruña 2011 (II Salón do Manga de Galicia).  A nosa primeira incursión coma libraría especializada nun salón do manga non podía ser noutro que no de Galicia.

Creo que non me equivoco se digo que este II Salón do Manga de Galicia foi un rotudo éxito, a todos os niveis. Máis espazo, máis actividades (moitísimas máis), máis charlas e conferencias…


Sen embargo se me teño que quedar con algo desta edición de Expotaku A Coruña e o traballo duro que realizaron os organizadores e voluntarios, e non só durante o transcurso  desta Festa do Manga en Galicia, tamén antes e despois. Certifican que con ganas, traballo e constancia e sobre todo honestidade, podese chegar a facer cousas tan bonitas coma Expotaku. Conseguir que impere o respeto e o “bo roio” durante tres días, durante tantas e tantas horas e moi difícil, e vos o conseguícehedes. Os meus sinceiros parabéns.


Eses pequenos detalles coma ver a todos os voluntarios e organizadores cun constante sorriso na cara e preocupándose en todo momento de que libreiros e expositores non nos faltara de nada, e a cada dúbida que tiñamos ou pequeño problema que nos xurdía fora solucionado casi  ao instante son os que fan que cando un marcha do recinto despois de tres intensos días non poida facer outra cousa máis que felicitar a todos e cada un de vos, que fixéstedes realidade o soño de moitos aficionados galegos: ter por fin un Salón do Manga por segundo ano consecutivo.


Non quero deixar pasar a ocasión para dar as grazas a moitos de vos: a Gari, Martín (sodes incansables!), a Vegeta, Javi e Keita. Á Asociación Draco e a Asociación Freak (Ikco, Uxía, Nero, Mapache, Dr. Frikazus, grazas a vos agora son o Super Libreiro con chapa de Haibane Renmei). As Lolita en Nuncaxamais (grazas por mirar polo stand cando se me daba por fumar un pitillo), a Selene e a Ángel, o Eugenio de A Coruña (por ser como sodes: tan boa xente). Aos voluntarios entre os que se atopan: Xaskiu, Alex, Dani Maverik, Jano… a Fiva (eres un auténtico showman), a Pilar (dévoche unha, moitísimas grazas) a Neko, a Kiko (que ben o pasamos o sábado pola noite)a Laura. A Mariña e as súas grandesideas e o seu apoio constante. E a tantas persoas máis que non podería remartar hoxe.


Parabéns. Espero con ganas o Expotaku 2012 .




Fotos do stand da Libaría Endo










No hay comentarios:

Publicar un comentario